viernes, 29 de enero de 2010


A grande e longa autopista do Atlántico que comunicóu a través dos séculos a tódolos países costeiros da europa, os cales transmiriron para os seus descendentes unha serie de valores inmorrentes, dos que andamos fachendosos de te-los no noso corazón e no entendemento.
Imosvos relatar o noso paso por ese mar amigo; que dera lugar a unha milenaria cultura común transmitida de pais a fillos. Son moitas cousas, moitos factores que hai que desenmaranhar; paseninhamente farémolo con a intención de sementar nesta Galiza abonada con as novas xeracións que levarán a cabo aqueles proxectos que viron a sua iniciación nos oscuros tempos e que nunca se levaran a cabo.
A proba máis forte destas profundas comunicacións que dende o neolítico foron afondando nas nosas relacións neste mundo atlántico foi cando no século VI a fuxida dun dos seus povos, os Britóns cara as terras do sul, a casa dos seus irmáns da s trebas da Armórica e da Marinha galaica.
Mais diso e doutras cousas falaremos de vagar noutras entradas...